

CASOS DE ÉXITO


INERTIMAR II
O proxecto demostra que é posible utilizar a calor residual dun motor de combustión para descontaminar os residuos xerados na pesca

Co fin de dar solución ao problema da propagación dos parasitos na pesca e realizar unha boa xestión das vísceras
Palabras clave
Descarbonización
Residuos
Pesca
Centro Tecnolóxico
ENERGYLAB
Data
2022-2023



Por iso, nesta segunda fase do proxecto, o obxectivo é deseñar e construír un prototipo que se adapte a un buque pesqueiro existente e que sexa facilmente adaptable ao resto da frota. Este novo prototipo será instalado a bordo dun dos buques de Gran Sol, un dos numerosos caladoiros onde se detectou presenza do parasito, e unha vez testeado o seu funcionamento en condicións reais, realizaranse as modificacións necesarias para a súa optimización.
O obxectivo final é aumentar a confianza do mercado colaborando a preservar a calidade da pesca mellorando o produto final, grazas ao desenvolvemento dun equipo que permita ter alternativas no mercado a outros equipos de eliminación xa existentes.
Inertimar está financiado dentro do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia e financiada polo Fondo Europeo NextGenerationEU.