logo

CASOS DE ÉXITO

Unidad Mixta Gas Renovable

Aposta pola enerxía renovable para consolidar desenvolvementos en biometano e biogás e ampliar o seu alcance coa xeración de hidróxeno verde e de syngas.

A Consolidación da Unidad Mixta de Gas Renovable, impulsado por Naturgy Novas Enerxías, EDAR Bens S.A e EnergyLab, está enfocada a fortalecer os desenvolvementos realizados sobre biogás e biometano, e ampliar o alcance técnico coa xeración de hidróxeno verde e de syngas, así como avaliar o seu impacto nas infraestruturas actuais e consumidores finais.

O proxecto está financiado pola Unión Europea no marco do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020, e cofinanciada pola Axencia Galega de Innovación (GAIN) – Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia.

Palabras clave

Valorización de residuos
Biogás
Biometano

Centro Tecnolóxico

ENERGYLAB

Data

2022-2023

ENERGYLAB - UNIDAD MIXTA GAS RENOVABLE

Dentro do proxecto desenvolvéronse cinco liñas de investigación:

  • A mellora na produción de biogás a través da co-dixestión e a recuperación de nutrientes.
  • A xeración de hidróxeno verde a través da electrolisis da auga mediante tecnoloxía PEM e alcalina, cuxa enerxía se obtén mediante o turbinado da auga.
  • A produción de biohidrógeno a través da fermentación escura A gasificación de lodos de depuradora para a obtención de bio-syngas (biogás de síntese).
  • E o estudo do impacto do uso dos diferentes gases renovables e as súas mesturas desde o punto de vista da inxección á rede de gas e o seu uso en aplicacións estacionarias e móbiles (vehículos).

A Unidade Mixta representa un escaparate importante para impulsar a eficiencia enerxética e a sustentabilidade ambiental, principalmente na área do tratamento das augas residuais. Os seus conceptos tamén poden ser aplicados na industria alimentaria ou no sector agrogandeiro. Todas elas comparten a capacidade de xerar biogás, biometano, bio-hidróxeno ou syngas grazas á valorización dalgúns dos seus residuos orgánicos, podendo converter o que antes era un problema nun novo recurso enerxético (gases renovables) para a súa explotación.