logo

ENERGYLAB

Centro Tecnolóxico de Eficiencia e Sustentabilidade Enerxética (ENERGYLAB)

ENERGYLAB está comprometido coa descarbonización a través do uso eficiente e sostible dos recursos. Trátase dun centro tecnolóxico especializado no impulso da eficiencia e a sustentabilidade enerxética mediante o desenvolvemento de proxectos de innovación. O seu obxectivo é o de mellorar a competitividade do tecido empresarial mediante o desenvolvemento de proxectos innovadores que permitan mellorar o desempeño enerxético e reducir o impacto ambiental das súas actividades.

EnergyLab ten as súas oficinas e laboratorios situados no edificio CITEXVI (Cidade Tecnolóxica de Vigo), instalacións que están integramente destinadas a prestar servizos tecnolóxicos avanzados orientados ao desenvolvemento de proxectos de I+D+i empresarial, fomentando, a súa localización, a xeración de sinerxias en canto á cooperación entre centros tecnolóxicos, grupos de investigación universitarios, empresas de base tecnolóxica e o tecido industrial e empresarial, ao obxecto de favorecer o impulso da competitividade e a excelencia tecnolóxica das empresas.

Os laboratorios de EnergyLab contan con equipos de alta tecnoloxía, e prestan servizos para o desenvolvemento de proxectos de I+D+i relacionados coa valorización de residuos orgánicos mediante a xeración de gases renovables, a valorización de residuos biomásicos e o ensaio de novos biocombustibles para o transporte.

Fernando Val López

Director General de Energylab

Fernando Val López

Director Xeral de Energylab

Perfil de linkedin

Casos de éxito

ENERGYLAB - UNIDAD MIXTA GAS RENOVABLE

GAS RENOVABLE

ENERGY LAB - INERTIMAR II

INERTIMAR II

ENERGY LAB - INERTIMAR II

AVIENERGY