EMPREGO
Enxeñeiro/a mecánico senior sector Oil&Gas
AIMEN busca Enxeñeiro Mecánico Superior especializado en equipamentos estáticos do sector Oil&Gas para a súa sede principal no Porriño
Funcións:
- Realizar o deseño e análise de equipamentos estáticos, tubaxes, tanques, columnas de proceso, recipientes e intercambiadores de calor en proxectos petroquímicos.
- Realiza cálculos mecánicos utilizando software de enxeñería especializado. (PV elite, Abaqus/Ansys, Caesar II ou similar).
- Garantir o cumprimento da normativa e normas de calidade establecidas polos organismos reguladores.
- Colaborar estreitamente con outros profesionais do equipo de enxeñaría para desenvolver proxectos.
- Elaborar e revisar fichas técnicas de equipamentos, procesos e especificacións técnicas.
- Elaborar informes e documentación técnica relacionada cos proxectos asignados.
- Xerar e revisar a documentación, planos e isometrías necesarios para a execución de novos proxectos ou ampliacións e modificacións de instalacións.
Coñecementos específicos precisos:
- Grao en Enxeñaría Mecánica, Industrial ou similar
- Aportar unha experiencia profesional mínima de 4 anos realizando tarefas similares.
- Experiencia previa en cálculo e deseño de equipos a presión.
- Coñecementos de PV Elite.
- Experiencia en elementos finitos (FEM, CFDs…)
- Coñecemento do código ASME VIII.
- Coñecemento do sector Oil&Gas.
- Coñecementos de aptitude para o servizo (FSS).
- Experiencia en xestión de arquivos, fiabilidade.
- Carné de conducir e coche propio.
Coñecementos valorables
- Títulos de posgrao relacionados co sector do petróleo e do gas.
- Xestión de CAESAR.
- Xestión de Abaqus/Ansys,
- Buscamos persoas con actitude positiva cara ao traballo e proactividade; afeito ao traballo en equipo, cunha alta orientación ao cliente, habilidades comunicativas e altas capacidades organizativas.
Ofrecese:
- Formar parte dunha organización sólida de recoñecido prestixio, con máis de 290 profesionais especializados, en constante desenvolvemento e introducidos nos principais sectores industriais (Automoción, Aeronáutica, Enerxía, Metalmecánica, Naval ou Medio Ambiente).
- Traballa nun ambiente colaborativo e multidisciplinar que che axude a desenvolver novos coñecementos e habilidades.
- Incorporación inmediata.
- Horario flexible.
- Plan de formación en áreas de especialización.
- Retribución segundo o valor demostrado.
Centro
AIMEN
Funcións
Deseño e análise de equipamentos estáticos, tubaxes, tanques, columnas de proceso, recipientes e intercambiadores de calor en proxectos petroquímicos.
Requisitos
Grado en Enxeñería Mecánica, Industrial ou similar.
Publicación
12-1-24
Contacto
Cubrir formulario en aimen.es