ANFACO-CECOPESCA
ANFACO CECOPESCA
Situada en Vigo desde as súas orixes, e no Campus Universitario de Vigo desde 1994, ANFACO-CECOPESCA xoga un papel destacado como axente dinamizador da industria mar-alimentaria e defensa dos seus intereses #ante administracións, organizacións multilaterais e todo tipo de entidades nacionais, europeas e internacionais.
Así mesmo, pon ao dispor das empresas asociadas e clientes aqueles servizos que facilitan o seu desenvolvemento e melloran a súa competitividade: I+D+i, calidade e seguridade alimentaria, asesoramento especializado, formación, asistencia técnica, cooperación internacional… Para iso, entre as súas instalacións, dispón de 2 edificios tecnolóxicos cunha superficie construída de 7.200 m2, no que destaca o Centro de Tecnoloxías Avanzadas de Investigación para a Industria Mariña e Alimentaria (CYTMA)
ANFACO-CECOPESCA é unha organización singular do complexo mar-industria que defende activamente os intereses dos seus asociados e desenvolve solucións de alto valor na procura da súa competitividade empresarial.
Roberto Alonso
Secretario Xeral de Anfaco Cecopesca
Roberto Alonso
Secretario General de Anfaco Cecopesca
Perfil de linkedin