logo

CASOS DE ÉXITO

Hi-Bio 4.0

Hibridación da biotecnoloxía e ferramentas 4.0 na industria agroalimentaria para o desenvolvemento acelerado de novas formulacións

O proxecto Hi-Bio 4.0, “Hibridación da biotecnoloxía e ferramentas 4.0 na industria agroalimentaria para o desenvolvemento acelerado de novas formulacións”, ten como obxectivo principal desenvolver unha plataforma de modelización que facilite, acurte e optimice os procesos biotecnolóxicos implicados na produción dun alimento, para, dese modo, lograr unha maior eficiencia e ao mesmo tempo, lograr unha maior calidade dos produtos.

Durante a execución do proxecto, subvencionado pola Axencia Galega de Innovación e cofinanciado con cargo aos fondos FEDER, estudarase a implementación de ferramentas avanzadas de industria 4.0 e desenvolverase unha nova metodoloxía de modelado do proceso de fabricación para o desenvolvemento de novos produtos en base aos inputs do mercado empregándose como caso de uso o desenvolvemento dunha bebida fermentada de cereais con capacidade antiinflamatoria.

Palabras clave

Nutrición
Xenómica
Transcriptómica

Centro Tecnolóxico

ANFACO-CECOPESCA

Data

2019 – 2022

As tendencias en alimentación apuntan a que, nos próximos anos, vai producir un forte incremento na demanda de produtos personalizados ou á carta, dirixidos a sectores específicos da poboación e con ingredientes funcionais, é dicir, que teñen un efecto beneficioso para a saúde.

A industria enfróntase ao reto de atender a estas demandas dunha forma cada vez máis áxil, que permita poñer no mercado produtos innovadores adaptados ás preferencias dos consumidores. Neste contexto, xorde o proxecto de investigación Hi-Bio 4.0, co obxectivo principal de desenvolver unha plataforma de modelización, que facilite, acurte e optimice os procesos biotecnolóxicos implicados na produción dun alimento, para, dese modo, lograr unha maior eficiencia e ao mesmo tempo, lograr unha maior calidade dos produtos.