ITG
ITG Centro Tecnolóxico
A súa actividade en Intelixencia Artificial e tecnoloxías asociadas como a realidade virtual e aumentada, visión artificial ou o procesamento da linguaxe natural conta co recoñecemento de excelencia investigadora Cervera do Ministerio de Ciencia e Innovación. Un recoñecemento que tamén recibe no ámbito da enerxía intelixente e a mobilidade aérea autónoma.
Ademais, ITG é unha referencia en tecnoloxías aplicadas ao ciclo integral do auga e impulsa cidades sostibles na súa dobre condición de organismo certificador en España do selo internacional BREEAM® de construción sostible, e partner oficial do selo internacional WELL™ de saúde nos edificios..
ITG fórmao un equipo de talento comprometido con poñer a innovación ao servizo das empresas, as institucións e a sociedade no seu conxunto. Un círculo virtuoso que canaliza talento e tecnoloxía nunha inercia que se realimenta e garante un futuro sostible.
ITG é Centro Tecnolóxico Nacional recoñecido oficialmente desde o ano 2012 polo Ministerio de Economía e Competitividade, Secretaría de Estado de Investigación, Desenvolvemento e Innovación. A súa razón de ser é a de mellorar a capacidade competitiva das empresas, organizacións e profesionais a través da I+D+i e tecnoloxía diferencial.
Carlos Calvo
Director Xeral de ITG
Carlos Calvo
Director General de ITG
Perfil de linkedin