logo

LA ALIANZA

DESCRICIÓN E HISTORIA

Unha alianza de 7 Centros Tecnolóxicos con coñecemento e tecnoloxías punteiras, compromiso con sectores produtivos clave e vocación de servizo á sociedade e á empresa

A Alianza Tecnolóxica Intersectorial de Galicia (ATIGA) foi creada en 2012 a iniciativa de AIMEN, ANFACO-CECOPESCA e CTAG. Posteriormente, integráronse GRADIANT en 2013, e ENERGYLAB e ITG, a principios de 2015. A última incorporación foi CETIM, de maneira que a alianza inclúe aos sete centros tecnolóxicos galegos de carácter estatal.

Grazas á suma das capacidades destes centros tecnolóxicos de referencia, é un aliado estratéxico en I+D+i para o empresariado galego, ofrecendo unha dilatada experiencia no desenvolvemento de proxectos de innovación, tanto propios como en colaboración con outras compañías, para os principais sectores estratéxicos de Galicia.

A través da cooperación entre os seus membros, ATIGA traballa para alcanzar a excelencia tecnolóxica, fomentar a participación conxunta no desenvolvemento grandes proxectos consorciados nacionais e da UE e ofrecer ás empresas maiores oportunidades de actuación a nivel internacional.

Actualmente, é a principal Alianza no ámbito da innovación en Galicia e o maior axente movilizador da I+D+i empresarial, situando a innovación como eixo básico da mellora do tecido produtivo e da modernización da industria. O seu gran reto é posicionar a Galicia como referente tecnolóxico, unindo esforzos para competir a nivel nacional e europeo. ATIGA traballa coas Administracións Públicas na definición das políticas de I+D+i.

XUNTA DIRECTIVA

  • Presidente: Jesús Lago (AIMEN).
  • Vicepresidentes: Luis Pérez (GRADIANT) e Luis Moreno (CTAG).
  • Vocales: Roberto Alonso (ANFACO-CECOPESCA); Toni Pons (CETIM); Fernando Val (ENERGYLAB); Carlos Calvo (ITG).

OBXECTIVOS

Traballamos para potenciar o labor dos centros tecnolóxicos de Galicia e conseguir que as súas capacidades e tecnoloxías poidan chegar aos sectores produtivos e xerar valor para o mercado e a sociedade

  • Facilitar a adecuada transferencia de coñecementos e a absorción das solucións desenvolvidas polos Centros Tecnolóxicos por parte da industria.
  • Potenciar, conectar e internacionalizar o ecosistema galego de innovación, incrementando a xeración de patentes, a venda de tecnoloxía no exterior e a participación de empresas en programas europeos e internacionais de innovación, como o Programa H2020 e Horizonte Europa.
  • Conectar os diferentes sectores industriais, mediante metodoloxías de traballo e solucións tecnolóxicas transversais que faciliten a hibridación sectorial.
  • Ser unha colaborador clave das Administracións Públicas na definición das políticas públicas relacionadas con I+D+i.
  • Impulsar un polo tecnolóxico multisectorial e excelente a nivel europeo que desenvolva as solucións tecnolóxicas necesarias para garantir a transformación efectiva da industria.

CENTROS TECNOLÓXICOS

ATIGA é a alianza dos 7 Centros Tecnolóxicos de Galicia

AIMEN

AIMEN Centro Tecnológico é un referente, nacional e internacional, en I+D+i e prestación de servizos tecnolóxicos no ámbito dos materiais e tecnoloxías de fabricación avanzada, en especial as tecnoloxías de unión e tecnoloxías láser aplicadas ao procesado de materiais e á robótica. Está presente nos principais sectores da actividade industrial

ANFACO-CECOPESCA

ANFACO-CECOPESCA é o Centro Tecnológico de ámbito estatal de referencia para o sector mariño e alimentario, desenvolvendo proxectos de I+D+i de carácter nacional e internacional, innovando en produtos e servizos e transferindo solucións tecnolóxicas avanzadas á industria. As súas liñas de I+D+i ofrecen unha cobertura integral ás demandas actuais do tecido empresarial, poñendo á súa disposición os medios técnicos máis avanzados

CETIM

El Centro Tecnológico de Investigación Multisectorial (CETIM)  ofrece proxectos e servizos tecnolóxicos creando valor económico e social. Dispón de 8 laboratorios: Química, Bioprocesos, Microbiología, Electroquímica e Baterías, Industria Dixital, Construción, Polímeros, Cámaras Climáticas. Contando cun equipo humano multidisciplinar e altamente cualificado, que combina experiencia, dinamismo e mocidade

CTAG

El Centro Tecnológico de Automoción de Galicia (CTAG) é unha entidade creada para ofrecer solucións avanzadas á industria do automóbil, apoiando ás empresas na súa modernización e adaptación ás novas tecnoloxías nos seus produtos e procesos de fabricación, mediante o impulso da investigación, o desenvolvemento e a innovación tecnolóxica

ENERGYLAB

ENERGYLAB

El Centro Tecnológico de Eficiencia y Sostenibilidad Energética (ENERGYLAB) é un centro de referencia nacional e internacional especializado en proxectos innovadores no ámbito do medio ambiente que ten como misión desenvolver e difundir tecnoloxías, produtos e hábitos de consumo que optimicen a eficiencia e a sustentabilidade enerxética nos sectores industrial, terciario, transporte e na sociedade en xeral

GRADIANT

El Centro Tecnológico de Telecomunicaciones de Galicia (GRADIANT) sitúase como socio fundamental orientado ás necesidades dos sectores industriais no ámbito das telecomunicacións, achegando solucións innovadoras en tecnoloxías para a seguridade e a privacidade; o procesado de sinais multimedia; a biometría e a analítica de datos; internet das cousas e os sistemas avanzados de comunicación

ITG

ElInstituto Tecnológico de Galicia (ITG) ten como obxectivo mellorar a capacidade competitiva das empresas, organizacións e profesionais de distintos sectores estratéxicos, facilitando o seu acceso a actividades de investigación en catro áreas de coñecemento relacionadas entre si: sensórica e comunicacións, TIC, enerxía e construción sostible

PRESENTACIÓN CORPORATIVA

Podes descargar o noso portfolio na seguinte ligazón