logo

CASOS DE ÉXITO

Tecnomifood

A Rede Tecnomifood conta cunha marcada traxectoria cientifico-tecnolóxica no desenvolvemento dun gran número de proxectos relacionados con Alimentación, Nutrición e Saúde

O consorcio da Rede Tecnomifood, acreditado como Centro de Excelencia Cervera, está liderado por Eurecat, e forman parte AztiAinia, o Centro Nacional de Tecnoloxía e Seguridade Alimentaria (CNTA) e a Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Pescados e Mariscos – Centro Técnico Nacional de Conservación de Produtos da Pesca (ANFACO – CECOPESCA)

Os cinco centros que configuran a Rede contan cunha unha marcada traxectoria cientificotecnológica que lles situou como referentes a nivel nacional e europeo no desenvolvemento dun gran número de proxectos relacionados con Alimentación, Nutrición e Saúde. Representan, á súa vez, a estado da arte no campo do uso das ómicas no ámbito alimentario.

Palabras clave

Nutrición
Xenómica
Transcriptómica

Centro Tecnolóxico

ANFACO-CECOPESCA

Data

2020 – Hoxe

O obxectivo desta iniciativa é facilitar o acceso e a optimización do uso das tecnoloxías ómicas ás empresas do sector alimentario, en todas as etapas da cadea de valor do deseño e da avaliación do potencial saudable de ingredientes, nutracéuticos e alimentos funcionais, que son produtos dirixidos a un consumidor que demanda un mercado alimentario cada vez máis personalizado e sostible.

En conxunto, as tecnoloxías ómicas abarcan ámbitos de investigación como a xenómica, que estuda os xenes e a súa función; a transcriptómica, que se centra na expresión dos xenes; a proteómica, que analiza os niveis das proteínas, as súas modificacións e interaccións, ou a metabolómica, que investiga os niveis de metabolitos.

Coa súa creación, o sistema de centros tecnolóxicos español fortalécese na súa capacidade científica e tecnolóxica para contribuír á competitividade do sector empresarial alimentario no campo da alimentación saudable.