

CASOS DE ÉXITO


Enhance Microalgae
Oportunidades industriais de alto valor engadido para as microalgas no Espazo Atlántico

O Proxecto “High added–value industrial opportunities for microalgae in the Atlantic Area – Enhanced Microalgae”, cun orzamento de 2,45 M€, ten como obxectivo explotar o potencial biotecnolóxico das microalgas na área atlántica. O proxecto pretende poñer en valor este recurso mediante a transferencia ao sector empresarial dos últimos avances logrados neste campo, facendo crecer grandes volumes de biomasa e optimizando os procesos de produción en función dos diferentes produtos finais.
Así mesmo, estudarase o uso de novas especies, incrementando as posibilidades empresariais deste sector. A través da realización dun DST, unha combinación de modelado técnico e financeiro, ofrecerase ás empresas soporte, tanto para o desenvolvemento de novos produtos específicos, como para a obtención de multiproducto a través dun mesmo cultivo.
Palabras clave
Biotecnoloxía
Microalgas
Centro Tecnolóxico
ANFACO-CECOPESCA
Data


