AGENDA
Formación e certificación en PMVA | EnergyLab
Curso ONLINE para a Certificación PMVA (Analista de Medición e Verificación de Desempeño) coa colaboración de EVO (Efficiency Valuation Organization)
EnergyLab, en colaboración con EVO (Efficiency Valuation Organization), organiza o próximo Curso ONLINE para a Certificación EVO PMVA (Performance Measurement and Verification Analyst). O curso desenvolverase a través dunha “Aula Virtual”, do 26 ao 29 de febreiro e do 4 ao 7 de marzo de 2024, de luns a xoves, de 18.00 a 20.30 horas. A axenda do curso pódese descargar no seguinte enlace DOCUMENTO.
O EXAME tamén será ONLINE (en castelán), a través dunha plataforma habilitada na páxina de EVO. As datas dispoñibles serán do 8 ao 15 de marzo de 2024, a elección do alumno, podendo escoller a data e hora que máis lle conveña. Para formalizar a inscrición debes enviar este FORMULARIO DE INSCRIPCIÓN debidamente cumprimentado e lles responderemos á maio brevedade posible. Para máis información sobre o Curso e o exame para a obtención do Certificado PMVA poden consultar o FOLLETO sobre esta Certificación. Data límite INSCRIPCIÓNS E PAGO Curso e Examen: 22 de Febreiro 2024. Despois desta data non se aceptará ningunha inscripción. A confirmación e inscripción do alumno só se realizará unha vez confirmado o pago.
Otros eventos