AGENDA
Workshop Final InComEss | AIMEN
AIMEN invítate o vindeiro 31 de xaneiro a participar no workshop de InComEss, o sistema de composites innovadores baseados en polímeros.
Dende AIMEN Centro Tecnolóxico invitámoste a participar no workshop final de InComEss, o sistema de composites innovadores baseados en polímeros para recuperar e almacenar a enerxía de forma eficiente, que se celebrará online o vindeiro 31 de xaneiro de 2024.
Durante o evento presentaranse os resultados do proxecto InComEss, liderado por AIMEN, e se introducirá o clúster ERHASE. Nesta última parte, os coordinadores doutros proxectos europeos relacionados coa temática de Energy Harvesting farán un resumo de cada un dos proxectos e presentarán os obxectivos xerais do clúster.
¡Rexístrate aquí e coñece os resultados de InComEss!Otros eventos