logo

CASOS DE ÉXITO

COUNTER UAS-NAVANTIA

Sistemas de seguridade contra uso indebido de drones

Counter UAS by Gradiant é un sistema de seguridade que proporciona protección a persoas e infraestruturas contra o uso malintencionado ou indebido de drons. Hoxe en día, existe un problema real en canto a incidentes causados por UAS e que poden ter graves consecuencias en mans de usuarios de drons que comprometen a seguridade de infraestruturas nacionais estratéxicas ou mesmo do crime organizado ou grupos terroristas.

Palabras clave

Seguridade aérea
Infraestructuras
Drones

Centro Tecnolóxico

GRADIANT

Data

2022-2023

GRADIANT - COUNTER UAS - NAVANTIA

Unha das aplicacións prácticas coñecidas é a utilizada nas factorías de Navantia para diminuír o risco de intrusión por vía aérea ás instalacións. Así, Counter UAS by Gradiant detectará a presenza de drons que invadan o espazo aéreo determinará a posición e traxectoria e a situación do piloto do dron ameaza; anulará dita ameaza que representa o dron; rexistrará as intrusións e actuacións de anulación e xerará eventos para activar os procesos na plataforma dixital e favorecer a interoperabilidade dos sistemas de seguridade.

O noso sistema está especialmente concibido para a seguridade e defensa en aeroportos, prisións, centros penais, edificios gobernamentais, eventos lúdicos e deportivos, exércitos ou forzas de seguridade entre os máis destacados.

GRADIANT - COUNTER UAS - NAVANTIA
Counter UAS by Gradiant é capaz de detectar, clasificar, localizar e neutralizar drons para evitar actividades ilícitas dentro dun perímetro de seguridade, garantindo o benestar de infraestruturas críticas e da poboación. Trátase dun sistema modular, escalable e descentralizado. Pode operar de maneira autónoma ou guiada por un operador, durante 24 horas ao día e 7 días á semana.
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.