logo

CASOS DE ÉXITO

Unidade Mixta Gas Renovable

Aposta pola enerxía renovable para consolidar desenvolvementos en biometano e biogás e ampliar o seu alcance coa xeración de hidróxeno verde e de syngas.

A Consolidación da Unidad Mixta de Gas Renovable, proxecto impulsado de xeito conxunto con Naturgy Novas Enerxías e EDAR Bens S.A, está enfocada a fortalecer os desenvolvementos realizados sobre biogás e biometano, e ampliar o alcance técnico coa xeración de hidróxeno verde e de syngas, así como avaliar o seu impacto nas infraestruturas actuais e consumidores finais.

O proxecto está financiado pola Unión Europea no marco do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020, e cofinanciada pola Axencia Galega de Innovación (GAIN) – Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia.

Palabras clave

Valorización de residuos
Biogás
Biometano

Centro Tecnolóxico

ITG

Data

2022-2023

ENERGYLAB - UNIDAD MIXTA GAS RENOVABLE

Dentro do proxecto desenvolvéronse cinco liñas de investigación:

  • A mellora na produción de biogás a través da co-dixestión e a recuperación de nutrientes.
  • A xeración de hidróxeno verde a través da electrolisis da auga mediante tecnoloxía PEM e alcalina, cuxa enerxía se obtén mediante o turbinado da auga.
  • A produción de biohidrógeno a través da fermentación escura A gasificación de lodos de depuradora para a obtención de bio-syngas (biogás de síntese).
  • E o estudo do impacto do uso dos diferentes gases renovables e as súas mesturas desde o punto de vista da inxección á rede de gas e o seu uso en aplicacións estacionarias e móbiles (vehículos).

A Unidade Mixta representa un escaparate importante para impulsar a eficiencia enerxética e a sustentabilidade ambiental, principalmente na área do tratamento das augas residuais. Os seus conceptos tamén poden ser aplicados na industria alimentaria ou no sector agrogandeiro. Todas elas comparten a capacidade de xerar biogás, biometano, bio-hidróxeno ou syngas grazas á valorización dalgúns dos seus residuos orgánicos, podendo converter o que antes era un problema nun novo recurso enerxético (gases renovables) para a súa explotación.

Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.