logo

CASOS DE ÉXITO

INERTIMAR II

O proxecto demostra que é posible utilizar a calor residual dun motor de combustión para descontaminar os residuos xerados na pesca

Co fin de dar solución ao problema da propagación dos parasitos na pesca e realizar unha boa xestión das vísceras a bordo, a Cooperativa de Armadores de Pesca do Porto de Vigo, ARVI e ITG, demostraron na primeira fase do proxecto INERTIMAR que é posible utilizar a calor residual dun motor de combustión para descontaminar os residuos xerados no parque de pesca, sen xerar un custo enerxético adicional.

Palabras clave

Descarbonización
Residuos
Pesca

Centro Tecnolóxico

ITG

Data

2022-2023

ENERGYLAB - INERTIMAR II

Por iso, nesta segunda fase do proxecto, o obxectivo é deseñar e construír un prototipo que se adapte a un buque pesqueiro existente e que sexa facilmente adaptable ao resto da frota. Este novo prototipo será instalado a bordo dun dos buques de Gran Sol, un dos numerosos caladoiros onde se detectou presenza do parasito, e unha vez testeado o seu funcionamento en condicións reais, realizaranse as modificacións necesarias para a súa optimización.

O obxectivo final é aumentar a confianza do mercado colaborando a preservar a calidade da pesca mellorando o produto final, grazas ao desenvolvemento dun equipo que permita ter alternativas no mercado a outros equipos de eliminación xa existentes.

Inertimar está financiado dentro do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia e financiada polo Fondo Europeo NextGenerationEU.

Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.