logo

CASOS DE ÉXITO

Enhance Microalgae

Oportunidades industriais de alto valor engadido para as microalgas no Espazo Atlántico

O Proxecto “High addedvalue industrial opportunities for microalgae in the Atlantic Area – Enhanced Microalgae”, cun orzamento de 2,45 M€, ten como obxectivo explotar o potencial biotecnolóxico das microalgas na área atlántica. O proxecto pretende poñer en valor este recurso mediante a transferencia ao sector empresarial dos últimos avances logrados neste campo, facendo crecer grandes volumes de biomasa e optimizando os procesos de produción en función dos diferentes produtos finais.

Así mesmo, estudarase o uso de novas especies, incrementando as posibilidades empresariais deste sector. A través da realización dun DST, unha combinación de modelado técnico e financeiro, ofrecerase ás empresas soporte, tanto para o desenvolvemento de novos produtos específicos, como para a obtención de multiproducto a través dun mesmo cultivo.

Palabras clave

Biotecnoloxía
Microalgas

Centro Tecnolóxico

ANFACO-CECOPESCA

Data

2017 – 2020
A produción de microalgas para a obtención de compostos de alto valor é unha gran oportunidade para o tecido empresarial da área Atlántica contando cun alto potencial de crecemento nas próximas décadas. Con todo, existen certas barreiras tecnolóxicas que impiden a consolidación deste importante mercado potencial. De feito, aínda que actualmente existen múltiples iniciativas empresariais, estas atopan o hándicap en dar o salto na escala de produción e en abordar o cultivo de novas especies.
Con este proxecto preténdese favorecer a un amplo espectro de intereses do tecido industrial que abarca desde o cultivo de microalgas para o seu uso como alimento en acuicultura, ata a exploración de diferentes tecnoloxías, como a nanotecnoloxía, entre outras, para a obtención de tratamentos médicos, cosméticos, extractos nutracéuticos, produción fitoquímica ou nutrición humana, entre outros.
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.