logo

EMPREGO

Investigador tecnoloxías da enerxía – ENERGYLAB

EnergyLab busca un investigador especializado en tecnoloxías da Enerxía para incorporarse ás súas instalacións de Vigo

Responsabilidades:

  • Execución técnica de proxectos de investigación relacionados con todas as etapas da cadea de valor do hidróxeno e tecnoloxías asociadas. Interacción en reunións do consorcio en inglés e español.

  • Elaboración de propostas de proxectos de I+D+i nacionais e internacionais, redacción de ofertas, informes e artigos técnicos, procura de información científica, achegas a congresos especializados e xornadas técnicas. Contacto cos clientes.

  • Análise e interpretación de resultados, Elaboración de informes, análise e interpretación de resultados, realización de compras e xestión da documentación asociada á súa actividade integrando conceptos de calidade.

Coñecimentos específicos necesarios

  • Experiencia na execución de proxectos de xestión enerxética, enerxías renovables, combustibles alternativos, procesos de descarbonización, eficiencia enerxética e/ou sustentabilidade.

  • Experiencia na redacción de informes e/ou artigos científicos.

  • Experiencia na participación en proxectos de I+D financiados con fondos públicos. Capacidade para xerar proxectos en consorcio ou individualmente con empresas.

  • Iniciativa propia, recursos propios, autonomía e proactividade.

  • Alta capacidade e aptitude para o traballo en equipo (axudar aos demais e cooperar nas tarefas do equipo). Capacidade para sintetizar tanto orais como escritos e avaliar criticamente datos.

  • Carné de conducir

Estudos mínimos

Enxeñaría Química, Enxeñaría Industrial, Enxeñaría Ambiental, Licenciado en Química, Licenciado en Bioloxía, Licenciado en Física ou titulacións afines.

Nivel alto de inglés (C1)

Valorable

Máster, Posgrao/Doutoramento relacionado co medio ambiente, enerxías renovables. Experiencia na realización de ensaios de caracterización de materiais (aliaxes, polímeros, etc.). Experiencia en execución técnica de proxectos no ámbito da xeración, almacenamento, transporte e aplicacións de hidróxeno verde. Experiencia con metodoloxías electroquímicas de xeración de hidróxeno (electrólise).

Experiencia acreditada de cando menos 2 anos nas funcións descritas

Ofrécese

Desenvolver unha carreira profesional nun centro de investigación novo e dinámico, sempre á vangarda tecnolóxica, onde estarás en continua aprendizaxe e sempre en crecemento profesional e persoal. A oportunidade de traballar no ámbito da descarbonización e das enerxías renovables nun momento relevante da transición enerxética. En EnergyLab valoramos moito a felicidade dos nosos empregados, por iso facilitamos a conciliación da vida laboral e familiar mediante un horario flexible e un teletraballo parcial.

Centro

EnergyLab

Funcións

Execución técnica de proxectos de investigación relacionados con todas as etapas da cadea de valor do hidróxeno

Requisitos

Enxeñaría Química, Industrial, Medioambiental ou Licenciatura en Química, Bioloxía, Física ou grados afíns.

Publicación

23-2-24

Contacto

Adxuntar CV en energylab.es