CASOS DE ÉXITO
ComMUnion
Tecnoloxías de unión para fabricar componentes 3D acabados multi-material baseados en aleacións metálicas e composites termoplásticos
O obxectivo o proxecto ComMUnion, liderado por AIMEN, foi desenvolver un sistema robotizado para a fabricación de compoñentes 3D multi-material metal/composite termoplástico de fibra de carbono.
O sistema consta de varias aplicacións de software offline, interconectadas e comunicadas coa cela de fabricación a través dun sistema baseado no coñecemento para predicir o comportamento dos compoñentes para fabricar, apoiar o deseño dos produtos e administrar os robots e a cela.
O principal resultado obtido foi unha cela prototipo, completamente robotizada, integrada por dous cabezales, un de texturizado, que inclúe un sistema de quecemento asistido por láser, e outro cabezal flexible para o posicionamento de cintas. Á súa vez, ambos contan cun sistema de inspección de superficie en liña para control de calidade.
Palabras clave
Industria 4.0
Fabricación 3D
Centro Tecnolóxico
AIMEN
Data
2015 – 2019
O prototipo foi demostrado en automoción, coa participación da empresa Gestamp, a través da aplicación de cintas en compoñentes estruturais das carrocerías e en aeronáutica, grazas a Aciturri, onde se abriu un novo campo de investigación para mellorar a integración dos compoñentes e os beneficios aerodinámicos.
AIMEN contribuíu tecnicamente nos campos do microtexturizado e limpeza láser para modificar o material co obxectivo de mellorar a adherencia superficial entre o composite e o metal, a definición das características das unións metal-composite, a realización de inspeccións non destrutivas dos materiais e o deseño dos sistemas de control.
Grazas á aplicación destes materiais avanzados, ComMUnion contribuíu a reducir o consumo de materiais de alto custo e/o críticos entre un 7 e un 15%, a incrementar en ata un 30% o rendemento mecánico dos compoñentes, á vez que se reduce o consumo de combustible debido á redución do peso entre un 10-15% nestes compoñentes.