logo

CASOS DE ÉXITO

Facendo 4.0

Competitividade industrial e electromobilidade a través da innovación e a transformación dixital

O obxectivo principal do proxecto Facendo 4.0, impulsado por Stellantis, foi o deseño e desenvolvemento de novas solucións tecnolóxicas que permitisen á factoría de Stellantis Vigo converterse nun fabricante referente de automóbiles a nivel mundial e situándose á vangarda das últimas tecnoloxías e da eficiencia enerxética, ademais de, posicionarse como un provedor de referencia de servizos de mobilidade a nivel internacional.

É dicir, o obxectivo era levar a cabo actividades de investigación para obter novos procesos produtivos dixitalizados, conectados e intelixentes que posibilitasen a reconversión da factoría cara ao concepto de “Fábrica do futuro” e ao mesmo tempo, o desenvolvemento de novos sistemas, interfaces HMIs e produtos que permitisen o desenvolvemento de vehículos intelixentes denominados “Vehículos do Futuro”, coas características de ser limpos, autónomos e conectados.

Palabras clave

Automoción
Conectividade
Dixitalización

Centro Tecnolóxico

AIMEN

Data

2020-2023

AIMEN - FACENDO 4.0

O papel de AIMEN dentro do proxecto Facendo 4.0 consistiron en desenvolver novas tecnoloxías dixitais e de automatización avanzada para a fabricación de compoñentes clave no Centro de Stellantis Vigo, mellorando o rendemento dos procesos de ferraje, montaxe e embutición e xerando coñecemento de forma continua. Para iso, AIMEN investigou e validou a distintos niveis (TRL4-5) solucións e tecnoloxías dixitais adaptadas ás necesidades de varios procesos crave dentro da planta de fabricación de Stellantis Vigo.

A iniciativa, que contou cun orzamento total de case 22,35 millóns de euros, estaba enmarcada dentro da 4ª convocatoria do programa “Fábrica do futuro, fábrica intelixente e sustentable” da Xunta de Galicia, e nela tamén participan o Centro Tecnolóxico de Automoción (CTAG), GRADIANT e a Universidade de Vigo.