

CASOS DE ÉXITO


Life Ulises
Mellora das plantas de tratamento de augas residuais mediante tecnoloxías innovadoras de baixo custo para a eficiencia enerxética e a reciclaxe completa

LIFE ULISES logrou mellorar as plantas de tratamento de augas residuais mediante tecnoloxías disruptivas de baixo custo para aumentar a eficiencia enerxética e conseguir unha rexeneración completa da auga e a recuperación dos nutrientes presentes nela.
Para iso, desde CETIM desenvolvemos dúas plantas piloto. Unha delas é a planta de hidrólisis encimática de biosólidos deshidratados, na que obtivemos un biofertilizante con propiedades bioestimulantes para o crecemento das plantas. A segunda planta desenvolvida foi para a precipitación de estruvita e recuperación de auga de centrado obtida tras deshidratación.
A utilización de tecnoloxías de membranas permitiu obter nesta liña de investigación biofertilizantes, como a estruvita, cun nivel alto de pureza e nutrientes de gran valor como o fósforo, entre outros. Ademais, con esta planta piloto, a auga tratada que se obtivo resultou ser de alta calidade, cumprindo cos estándares de reutilización de auga segundo o Regulamento (UE) 2020/741 e o Regulamento (España) RD 1620/2007 sobre os requisitos mínimos para a reutilización de auga tratada para rega agrícola.
Palabras clave
Tratamento de aguas
Eficiencia enerxética
Hidriólise enzimática
Centro Tecnolóxico
CETIM
Data
2019-2023



Estas tecnoloxías desenvolvidas no proxecto integráronse na planta de demostración a gran escala, que foi validada na EDAR O Bobar de Almería, operada polo líder do proxecto Aqualia. Con isto, conseguiuse demostrar que é posible mellorar o proceso de tratamento de augas residuais e producir biocombustibles, realizando un eficiente consumo enerxético.

En definitiva, LIFE ULISES conseguiu mellorar a xestión do lodo, unha das cuestións que supoñía unha maior demanda enerxética e custo nos procesos de depuración de augas residuais. Ao mesmo tempo, as investigacións baseáronse no principio de economía circular, xa que se produciron e testeado en campo fertilizantes valiosos e auga recuperada, transformando a EDAR nun modelo de biorrefinería urbana.