logo

CASOS DE ÉXITO

Lignoprized

Procesos de biorrefino para a obtención de produtos de alto valor engadido a partir de lignina

Lignoprized conseguiu introducir de forma exitosa lignina e lignina modificada en aplicacións moi diversas como aditivos para formigóns, tubaxes ou téxtiles, entre outras, mellorando as súas características convencionais.

Lignoprized contou cun consorcio de sete empresas involucradas en toda a cadea de valor da lignina, ás que CETIM guio cientificamente desde a obtención e purificación da lignina a partir da súa extracción do licor negro (procedente do proceso de pulpeo kraft) e de biomasa (de diferentes orixes), ata a súa modificación química para a súa adaptación e desenvolvemento en aplicacións de alto valor engadido.

En concreto, co proceso de extracción, purificación e modificación de lignina logrouse obter lignina Kraft, e posteriormente modificala mediante procesos químicos, tanto a nivel de laboratorio como en escalado pre-industrial.

Palabras clave

Construción
Biorrefino
Novos materiais

Centro Tecnolóxgico

CETIM

Data

2016-2021

CETIM - Lignoprized

A partir desta lignina modificada, CETIM investigou a obtención de produtos de alto valor engadido, alcanzando por exemplo formular plastificantes empregados como basee dispersante de aditivos para formigón. Tamén se testeó o emprego da lignina e as súas modificacións en fillers e compatibilizantes para polímeros. Isto permitiu mellorar a compatibilidade de polímeros, substituíndoos parcialmente nas tubaxes compostas por este tipo de material. Tamén se logrou o uso de lignina como produto de alto valor en industria téxtil, desde tratamentos hidro/olefóbicos ata carrier de tinturas en tecidos.

CETIM - Lignoprized

Así, o proxecto Lignoprized finalizou con resultados moi positivos. Grazas ao traballo de CETIM conseguiuse validar a substitución de recursos fósiles por recursos naturais renovables, logrando xerar produtos de alto valor engadido e baixo impacto ambiental.