logo

CASOS DE ÉXITO

RECONTRANS

Fabricación integrada de composites metaltermoplásticos híbridos reciclables para o transporte.

O proxecto RECOTRANS creará un novo sistema de fabricación para a obtención de materiais compostos metálicos multi-material adecuados para a industria do transporte: automoción, transporte de mercadorías e ferrocarril. O obxectivo principal deste proxecto é integrar tecnoloxías de fabricación non convencionais como a radiación MW (microondas) e a unión por láser nas actuais liñas de produción de RTM e pultrusión.

A integración das distintas tecnoloxías obxecto do proxecto contribuirán á obtención de novos materiais lixeiros, de alta calidade e con altas taxas de produción, reducindo os custos de produción, consumo de enerxía e tempo de comercialización, e en consecuencua contribuíndo a reducir as emisións de CO2 procedentes dos vehículos (camións, automóbiles e ferrocarril).

Palabras clave

Fabricación
Transporte
Materiales compuestos

Centro Tecnolóxico

CTAG

Data

2017 – 2021

Resumo de privacidade

Esta web usa cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves á nosa web e axudar ao noso equipo a entender que seccións da web che resultan máis interesantes e útiles.