

CASOS DE ÉXITO


COUNTER UAS-NAVANTIA
Sistemas de seguridade contra uso indebido de drones

Counter UAS by Gradiant é un sistema de seguridade que proporciona protección a persoas e infraestruturas contra o uso malintencionado ou indebido de drons. Hoxe en día, existe un problema real en canto a incidentes causados por UAS e que poden ter graves consecuencias en mans de usuarios de drons que comprometen a seguridade de infraestruturas nacionais estratéxicas ou mesmo do crime organizado ou grupos terroristas.
Palabras clave
Seguridade aérea
Infraestructuras
Drones
Centro Tecnolóxico
GRADIANT
Data
2022-2023



Unha das aplicacións prácticas coñecidas é a utilizada nas factorías de Navantia para diminuír o risco de intrusión por vía aérea ás instalacións. Así, Counter UAS by Gradiant detectará a presenza de drons que invadan o espazo aéreo determinará a posición e traxectoria e a situación do piloto do dron ameaza; anulará dita ameaza que representa o dron; rexistrará as intrusións e actuacións de anulación e xerará eventos para activar os procesos na plataforma dixital e favorecer a interoperabilidade dos sistemas de seguridade.
O noso sistema está especialmente concibido para a seguridade e defensa en aeroportos, prisións, centros penais, edificios gobernamentais, eventos lúdicos e deportivos, exércitos ou forzas de seguridade entre os máis destacados.
