



DroneSafeBox®
Hangares robotizados con drons autónomos para a prevención de incendios forestais

ITG proporcionou a ABANCA e á súa fundación Afundación tres hangares robotizados con drons autónomos para a vixilancia e prevención de incendios forestais en Galicia. Os equipos, cedidos á Xunta de Galicia, instaláronse en tres zonas de alto risco —Valdeorras, Verín e Ribeira Sacra— e quedaron integrados no sistema Defensa do Monte da Consellería do Medio Rural, consolidándose como a tecnoloxía de prevención de incendios forestais máis avanzada de Europa.
O DroneSafeBox® é unha plataforma de vixilancia aérea desatendida desenvolvida integramente por ITG, que combina un hangar robotizado cun dron autónomo. ABANCA e Afundación, no marco do seu compromiso con Galicia, adquiriron tres unidades e cedéronas á Xunta de Galicia para reforzar a capacidade de resposta da Consellería do Medio Rural ante os incendios. Os emprazamentos —nas comarcas de Valdeorras, Verín e Ribeira Sacra— seleccionáronse en coordinación coa Xunta polo seu historial de elevado risco.
Drons
Vixilancia aérea
Prevención lumes
Centro Tecnolóxico
Data
O sistema opera de forma autónoma as 24 horas, os 7 días da semana, con mínima intervención humana. O hangar robotizado xestiona automaticamente a despegada e o aterrizaxe do dron, as comunicacións e telemetría, a planificación remota de misións e a recarga de baterías. Cada unidade incorpora ademais unha estación meteorolóxica e soporte técnico especializado, e intégrase completamente con Defensa do Monte, o sistema de prevención de incendios da Consellería do Medio Rural do goberno galego.
Máis alá da prevención de incendios forestais, o DroneSafeBox® foi despregado en infraestruturas críticas como refinarías e zonas portuarias, e foi testado en contextos de defensa nacional para a localización e desactivación de minas e artefactos explosivos. A presentación oficial do sistema ante as autoridades galegas e institucións tivo lugar o 2 de decembro de 2025 no Parador de Santo Estevo (Ourense), cunha demostración de voo en directo.

