logo

CASOS DE ÉXITO

Persist

O principal reto de PERSIST é mellorar a calidade de vida dos pacientes que sobreviven ao cancro de mama e colorrectal, empregando tecnoloxías de Intelixencia Artificial e Big Data, os expertos desenvolverán un innovador ecosistema que apoie a toma de decisións dos facultativos contribuíndo a decisións de tratamento óptimas.

Este sistema estará baseado en novos modelos de análises de datos sanitarios e, á súa vez, PERSIST dispoñerá dun sistema mHealth para a monitorización remota e personalizada de cada paciente. Ademais, os socios desenvolverán unha plataforma Big Data que integra ambos os sistemas e conectarase aos sistemas de historia clínica de calquera hospital.

A iniciativa contempla a realización dun piloto transnacional con máis de 150 pacientes e 32 profesionais do ámbito da saúde de 4 países distintos que será decisivo para o proxecto.

Palabras clave

Saúde
Intelixencia Artificial
Big Data

Centro Tecnolóxico

GRADIANT

Data

2022-2023

O proxecto PERSIST supoñerá un avance radical na calidade do tratamento e o seguimento dos sobreviventes de cancro. Con el non só desenvolveremos aplicacións innovadoras baseadas en Intelixencia Artificial e Big Data, senón que tamén demostraremos a súa efectividade para mellorar a calidade de vida destes pacientes. O seu enfoque centrarase totalmente neles, e teranse en conta todos os elementos necesarios do ecosistema sanitario para garantir unha rápida asimilación dos resultados no contexto europeo.

Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.