AGENDA
Semana Internacional do Láser | AIMEN
A octava Semana Internacional del Láser se enmarca dentro da XVII edición das Xornadas de Procesado de Materiais con Tecnoloxía Láser que organiza AIMEN na súa sede central de O Porriño, na área metropolitana de Vigo. O evento reúne a investigadores, profesionais e directivos de empresas e centros tecnolóxicos ligados ao desenvolvemento das aplicacións láser na industria.
Obxetivos da VIII Semana do Láser:
- Coñece casos de éxito e as últimas tendencias na aplicación da tecnoloxía láser durante o último ano
- Facilitar o traballo en rede entre profesionais vinculados a esta tecnoloxía do mundo académico, empresarial e de I+D+i vinculados a centros tecnolóxicos españois e internacionais.
- Potenciar a colaboración e transferencia de coñecemento entre centros de investigación e empresas, promovendo alianzas estratéxicas entre o ámbito público e o privado no ámbito da tecnoloxía láser.
- Facilitar o debate sobre o uso das tecnoloxías láser nos sectores que achegan un maior valor engadido á nosa economía e que, ademais, están moi vinculados a AIMEN: Automoción, Naval, Metalistería, Enerxía, Aeronáutica ou Téxtil.
Programa e inscripción
Os interesados en coñecer polo miúdo o programa de actividades e inscribirse nas xornadas poden visitar a páxina web de AIMEN.Otros eventos