logo

AGENDA

Xornadas de Procesado de Materiais con Láser | AIMEN

Dúas décadas impulsando o intercambio de coñecemento e a transferencia tecnolóxica no ámbito do láser industrial.

27/10/2026 - 28/10/2026

Xornadas de Procesado de Materiais con Láser

AIMEN organiza unha nova edición das Xornadas de Procesado de Materiais con Láser, un encontro de referencia para coñecer as últimas tendencias, aplicacións e avances na tecnoloxía láser para a industria e a investigación.

Durante dúas xornadas, expertos e profesionais de empresas, centros tecnolóxicos e organismos de investigación abordarán as aplicacións do láser en sectores como a automoción, a industria metalmecánica e manufactureira e a enerxía, así como as oportunidades que ofrecen o microprocesado, a fabricación avanzada, a intelixencia artificial, a monitorización e o control de procesos.

O programa incluirá tamén unha sesión dedicada á sustentabilidade e á circularidade aplicada ao procesado láser, ademais de espazos de networking e unha feira tecnolóxica.

📅 27 e 28 de outubro de 2026
📍 Centro de Aplicaciones Láser de AIMEN Centro Tecnológico

Resumo de privacidade

Esta web usa cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves á nosa web e axudar ao noso equipo a entender que seccións da web che resultan máis interesantes e útiles.