AGENDA
Reunión da conselleira de Economía e da directora do IGAPE cos centros integrados en ATIGA
María Jesús Lorenzana e Covadonga Toca reúnense en Ferrol cos representantes dos seis centros integrados en ATIGA
A conselleira de Economía e Industria da Xunta de Galicia, María Jesús Lorenzana, acompañada pola directora do IGAPE, Covadonga Toca, manterá o sábado 17 de outubro unha reunión de traballo cos responsables da Alianza Tecnolóxica Intersectorial de Galicia (ATIGA).
Lugar: Sala da primeira planta do CIS Ferrol (A Cabana, s/n).
- 11:30 h. Inicio da reunión. Os medios gráficos poderán tomar imaxes ao comezo do encontro.
- 12:30 h, aproximadamente. Declaracións aos medios de comunicación ao remate da reunión.
Representantes de ATIGA:
- Jesús Lago Gestido, director xeral de AIMEN e presidente de ATIGA.
- Luis Pérez Freire, director xeral de GRADIANT e vicepresidente de ATIGA.
- Roberto C. Alonso Baptista de Sousa, secretario xeral de ANFACO-CYTMA e vicepresidente de ATIGA.
- Antonio Pons Samaranch, director xeral de CETIM e vogal de ATIGA.
- Luis Moreno Diéguez, director xeral de CTAG e vogal de ATIGA.
- Carlos Calvo Orosa, director xeral de ITG e vogal de ATIGA.
- Fernando Val López, director xeral de ATIGA.
Otros eventos

