

AGENDA

Innterconecta – Step 2026 | GRADIANT
Explora as chaves e oportunidades para crear consorcios exitosos da man do CDTI
Gradiant organiza o próximo 8 de outubro unha xornada para coñecer as claves da convocatoria INNTERCONECTA STEP e explorar oportunidades de colaboración entre empresas e socios tecnolóxicos.
O encontro contará con Emilio Iglesias Cadarso, do CDTI, quen presentará unha convocatoria que prevé unha asignación estimada de 51 millóns de euros para Galicia. Ademais, Optare Solutions compartirá a súa experiencia de colaboración no marco de INNTERCONECTA STEP.
A convocatoria céntrase en tres ámbitos estratéxicos: tecnoloxías dixitais, tecnoloxías limpas e eficientes no uso dos recursos e biotecnoloxía.
📅 8 de outubro de 2026
🕤 9:30 – 13:00 h
📍 Sede de Gradiant, Vigo
Otros eventos

