

AGENDA

I Foro Atlántico de Innovación Enerxética en Portos | ITG
Tecnoloxía, enerxía e novos modelos para impulsar os portos do futuro

ITG organiza o próximo 15 de outubro o I Foro Atlántico de Innovación Enerxética en Portos, un encontro que reunirá axentes do ecosistema portuario e enerxético para analizar as solucións tecnolóxicas e os novos modelos enerxéticos que están a impulsar a transición cara a portos máis sostibles e eficientes.
A xornada abordará as oportunidades enerxéticas para os portos do futuro, as novas solucións tecnolóxicas, a evolución do marco regulatorio e as experiencias e retos compartidos en materia de transición enerxética. O foro será tamén o acto de peche da iniciativa ENEPORTS, liderada por ITG, cuxos resultados se presentarán durante o encontro.
📅 15 de outubro de 2026 | 9:30–14:00 h
📍 Sede central de ITG, A Coruña. Cantón Grande 9, A Coruña
Otros eventos

