logo

AGENDA

Reunión da conselleira de Economía e da directora do IGAPE cos centros integrados en ATIGA

María Jesús Lorenzana e Covadonga Toca reúnense en Ferrol cos representantes dos seis centros integrados en ATIGA

17/10/2026

A conselleira de Economía e Industria da Xunta de Galicia, María Jesús Lorenzana, acompañada pola directora do IGAPE, Covadonga Toca, manterá o sábado 17 de outubro unha reunión de traballo cos responsables da Alianza Tecnolóxica Intersectorial de Galicia (ATIGA).

Lugar: Sala da primeira planta do CIS Ferrol (A Cabana, s/n).

  • 11:30 h. Inicio da reunión. Os medios gráficos poderán tomar imaxes ao comezo do encontro.
  • 12:30 h, aproximadamente. Declaracións aos medios de comunicación ao remate da reunión.

Representantes de ATIGA:

  • Jesús Lago Gestido, director xeral de AIMEN e presidente de ATIGA.
  • Luis Pérez Freire, director xeral de GRADIANT e vicepresidente de ATIGA.
  • Roberto C. Alonso Baptista de Sousa, secretario xeral de ANFACO-CYTMA e vicepresidente de ATIGA.
  • Antonio Pons Samaranch, director xeral de CETIM e vogal de ATIGA.
  • Luis Moreno Diéguez, director xeral de CTAG e vogal de ATIGA.
  • Carlos Calvo Orosa, director xeral de ITG e vogal de ATIGA.
  • Fernando Val López, director xeral de ATIGA.
Para calquera información adicional, poden contactar a través do enderezo electrónico comunicacion@atiga.es.
Resumo de privacidade

Esta web usa cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves á nosa web e axudar ao noso equipo a entender que seccións da web che resultan máis interesantes e útiles.