AIMEN
AIMEN Centro Tecnolóxico
Con 59 anos de traxectoria ao servizo da innovación e da industria, AIMEN é un referente nacional en I+D+i e na prestación de servizos tecnolóxicos nos ámbitos dos materiais, os procesos de fabricación avanzada, a dixitalización e a sustentabilidade.
Situado no Porriño (Pontevedra), conta con máis de 330 profesionais altamente cualificados e cun ecosistema tecnolóxico de vangarda que inclúe laboratorios avanzados e plantas piloto únicas. O Centro desenvolve solucións innovadoras en sectores clave como a mobilidade, a aeronáutica, a enerxía, o metalmecánico e o químico.
AIMEN é, ademais, líder en aplicacións láser, sendo o seu Centro de Aplicacións Láser único en España tanto polas súas infraestruturas como polo seu equipo humano, e un dos principais referentes do sur de Europa.
Recoñecido como un dos centros tecnolóxicos máis destacados de España, AIMEN posúe unha sólida experiencia en proxectos financiados por programas europeos como Horizonte Europa. A súa rede de colaboradores —que abrangue empresas líderes, universidades e centros de investigación— reforza a súa capacidade para afrontar os desafíos máis complexos da industria.
Cunha destacada presenza en investigación a nivel europeo e internacional, AIMEN colabora con países como Alemaña, Francia, Italia, Reino Unido, Finlandia e Suecia na promoción da fabricación dixital e eficiente, contribuíndo a transformar a industria global cara a modelos máis intelixentes e sostibles.
Jesús Lago
Director Xeral de AIMEN
Jesús Lago
Director General de Aimen